Entradas

Mostrando entradas de 2024

Coidamos a nosa saúde!

Imagen
Onte recibimos a visita do Equipo Multidisciplinar do SAP A Cañiza e Concello de Arbo. Impartiron obradoiros moi interesantes sobre temas diversos relacionados coa saúde: hixiene dental, alimentación, exercicio físico/ergonomía, hixiene de mans ou prácticas de emerxencia Ademais, desfrutamos dun marabilloso e completísimo almorzo saudable proporcionado polo Concello de Arbo! Moitas grazas!

FORMIGAS ARTISTAS

Imagen
As FORMIGAS de 3 anos, no mes abril, traballaron a mil!👏

Apadriñamento lector

Imagen
Dentro das actividades da Semana do Libro, este xoves volvemos facer no cole un apadriñamento lector. As nenas e os nenos maiores contaron contos aos máis pequenos e foi unha experiencia moi gratificante.                                                              

Visita á residencia Santa Teresa da Cañiza

Imagen
As nenas e os nenos de terceiro e quinto, para celebrar a Semana do Libro, foron ler un conto ás persoas maiores que viven na residencia Santa Teresa da Cañiza.

Charlas interesantes!

Imagen
Dentro do Plan Director contamos con charlas moi necesarias. Hoxe faláronnos sobre temas tan interesantes como a igualdade de xénero e a protección do medio ambiente.

Ciencia en movemento!

Imagen
Como cada curso, estes días recibimos unha visita moi científica. As nenas e os nenos de quinto e sexto desfrutaron con experimentos e explicacións científicas, relacionadas ademais coa temática dos superheroes.

Comprobamos densidades

Imagen
As nenas e os nenos de quinto deseñaron un experimento cun densímetro caseiro para comprobar se os flocos de millo crus son máis ou menos densos ca os cociñados no microondas. Ademais de comprobar a nosa hipótese tivemos a sorte de degustar os flocos.                         

Pingüín!

Imagen
Hoxe as nenas e os nenos máis peques do cole foron de excursión a Vigo. Alí, alumnas e alumnos de Infantil desfrutaron da obra 'Pingüín', ofertada por Afundación!                 

Día da árbore

Imagen
O pasado xoves realizamos unha excursión polos montes próximos ao cole. Como cada ano, plantamos árbores e ademais tivemos a oportunidade de observar como soltaban unha aguia. Para rematar démoslle unha bonita sorpresa ao noso anterior director, Javier! Na actividade colaboraron a comunidade de montes en man común Sta Maria de Arbo e o colectivo Máis Monte. Grazas!                          

Formigas traballadoras!

Imagen
 

Investigamos sobre a saúde!

Imagen
As nenas e os nenos de sexto tiveron que investigar sobre a enfermidade e a saúde, a alimentación saudable e os estilos de vida que nos provocan benestar. Para rematar, plasmaron os seus coñecementos nunha exposición do traballo!

Día da Muller!

Imagen
O oito de marzo é un dos días máis especiais do ano. E celebrámolo sempre con moita ilusión! Este ano nenas e nenos escolleron unha superheroína da súa familia! E o venres as nenas de quinto e sexto leron un manifesto, cantamos e bailamos cancións feministas e nas aulas proxectamos varias curtametraxes!

Contacontos "Superavoa"!

Imagen
Este martes recibimos a visita de David Rodríguez, contacontos co que os máis pequenos desfrutaron da fantástica 'Superavoa".