Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

Excursión a Apípolis!

Imagen
Esta semana celebramos a excursión de fin de curso! Fomos a Apípolis, un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas. Alí, nenas e nenos participaron en diversos obradoiros e visitaron o apiario para ver a colmea e observar de cerca ás abellas!                                   

O grupo de teatro presenta a súa primeira obra!

Imagen
Este ano puxemos en marcha un proxecto apaixonante, a creación dun grupo de teatro no que participan nenas e nenos dos últimos cursos de Primaria. Despois de todo un ano preparando a obra O enfermo imaxinario , de Molière, o pasado martes participamos no certame de teatro escolar de Bande, na que foi unha experiencia marabillosa!

Coidamos a nosa saúde!

Imagen
Onte recibimos a visita do Equipo Multidisciplinar do SAP A Cañiza e Concello de Arbo. Impartiron obradoiros moi interesantes sobre temas diversos relacionados coa saúde: hixiene dental, alimentación, exercicio físico/ergonomía, hixiene de mans ou prácticas de emerxencia Ademais, desfrutamos dun marabilloso e completísimo almorzo saudable proporcionado polo Concello de Arbo! Moitas grazas!

FORMIGAS ARTISTAS

Imagen
As FORMIGAS de 3 anos, no mes abril, traballaron a mil!👏