Entradas

Día da árbore

Imagen
O pasado xoves realizamos unha excursión polos montes próximos ao cole. Como cada ano, plantamos árbores e ademais tivemos a oportunidade de observar como soltaban unha aguia. Para rematar démoslle unha bonita sorpresa ao noso anterior director, Javier! Na actividade colaboraron a comunidade de montes en man común Sta Maria de Arbo e o colectivo Máis Monte. Grazas!                          

Formigas traballadoras!

Imagen
 

Investigamos sobre a saúde!

Imagen
As nenas e os nenos de sexto tiveron que investigar sobre a enfermidade e a saúde, a alimentación saudable e os estilos de vida que nos provocan benestar. Para rematar, plasmaron os seus coñecementos nunha exposición do traballo!

Día da Muller!

Imagen
O oito de marzo é un dos días máis especiais do ano. E celebrámolo sempre con moita ilusión! Este ano nenas e nenos escolleron unha superheroína da súa familia! E o venres as nenas de quinto e sexto leron un manifesto, cantamos e bailamos cancións feministas e nas aulas proxectamos varias curtametraxes!

Contacontos "Superavoa"!

Imagen
Este martes recibimos a visita de David Rodríguez, contacontos co que os máis pequenos desfrutaron da fantástica 'Superavoa".

Bádminton en Ponteareas!

Imagen
Nunha nova xornada de Xogade, as nenas e nenos de quinto e sexto foron este luns a Ponteareas para aprender os fundamentos básicos do bádminton e practicar este divertido deporte.

Formiguiñas Superheroínas

Imagen
 Continuará...