Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

Experimentamos con volcáns

Imagen
Na aula de 4° elaboramos e fixemos entrar en erupción os nosos volcáns!🌋

Recollida de pilas

Imagen
Seguimos coa campaña de recollida de pilas. Esta vez chegamos a 60 quilos, e os campións foron os nenos e as nenas de segundo, que recolleron 14 quilos!                                                                                                                                                                                                                                  

Excursión a Coruña!

Imagen
O pasado martes as nenas e os nenos de cuarto, quinto e sexto de primaria foron pasar o día a A Coruña. Visitamos o Acuario, o Domus, a Casa das Ciencias e o Planetario. Unha viaxe moi completa na que aproveitamos que facía moi bo día e comemos ao sol na Torre de Hércules!                 

'Cíclope'

Imagen
As nenas e os nenos de cuarto, quinto e sexto volvemos ao teatro. Esta vez vimos a obra Cíclope , que forma parte do programa de educación financeira de Afundación.  

Representacións do obradoiro de teatro

Imagen
As nenas e os nenos do obradoiro de teatro representaron hoxe catro moi breves e divertidas obras de teatro demostrando o que aprenderon! Moi boas actrices e moi bos actores! E, sobre todo, moitísima ilusión. Grazas!

Aprender é divertido!

Imagen
 Aprender é divertido? As formigas berran: "Siiiiii"!

Homenaxe ás mulleres no 8M

Imagen
Para celebrar o 8M realizamos unha homenaxe a vinte mulleres galegas extraordinarias que enriqueceron a nosa cultura e a nosa sociedade. Estamos moi orgullosos de que cada aula do noso cole reciba o nome dunha destas marabillosas mulleres!

Novos experimentos!

Imagen
O xoves, no obradoiro de experimentos, fixemos neve, pócemas máxicas, un teléfono rudimentario e auga de cores con lacasitos.

Xogamos ao voleibol

Imagen
Hoxe as nenas e nenos de quinto tiveron a oportunidade de practicar voleibol da man dun monitor do servizo provincial de deporte!