Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

Semana do Libro!

Imagen
A semana pasada celebramos unha moi completa Semana do libro con estupendas actividades. En Nós tamén contamos as nenas e os nenos fixeron de contacontos durante os recreos, con Lerflix recomendaron libros en galego e castelán, no Taller de citas célebres demostraron as súas incribles habilidades co Lettering … Ademais, volvemos realizar unha actividade moi especial, o Apadriñamento Lector , no que alumnas e alumnos leron contos a compañeiros de cursos máis baixos, aínda que as formiguiñas tamén lles leron aos maiores. Para rematar, este luns tivemos Citas a cegas , na que a través dalgunhas pistas nenas e nenos conseguiron libros para as bibliotecas de aula! E fomos ao auditorio a gozar da actuación de Pakolas e da ilustradora Laura Romero. Unha marabilla de semana, como corresponde a unha das mellores cousas que existen: os libros!                                                                                                                                               

Plantamos árbores!

Imagen
Con algo de retraso, pero ao final conseguimos saír do cole para plantar unhas árbores no coñecido como Parque dos patos. Moitísimas grazas á Asociación Máis Monte de Arbo por invitarnos a realizar unha actividade tan importante!                       

Ciencia e música, unha boa combinación

Imagen
O mércores aprendemos un montón de cousas interesantes cos obradoiros de Ciencia en movemento . Un ano máis nenas e nenos achegáronse á ciencia manipulando e experimentando! Esta vez as demostracións científicas estaban relacionadas coa música.