Entradas

Mostrando entradas de 2024

Apadriñamento lector

Imagen
Dentro das actividades da Semana do Libro, este xoves volvemos facer no cole un apadriñamento lector. As nenas e os nenos maiores contaron contos aos máis pequenos e foi unha experiencia moi gratificante.                                                              

Visita á residencia Santa Teresa da Cañiza

Imagen
As nenas e os nenos de terceiro e quinto, para celebrar a Semana do Libro, foron ler un conto ás persoas maiores que viven na residencia Santa Teresa da Cañiza.

Charlas interesantes!

Imagen
Dentro do Plan Director contamos con charlas moi necesarias. Hoxe faláronnos sobre temas tan interesantes como a igualdade de xénero e a protección do medio ambiente.

Ciencia en movemento!

Imagen
Como cada curso, estes días recibimos unha visita moi científica. As nenas e os nenos de quinto e sexto desfrutaron con experimentos e explicacións científicas, relacionadas ademais coa temática dos superheroes.

Comprobamos densidades

Imagen
As nenas e os nenos de quinto deseñaron un experimento cun densímetro caseiro para comprobar se os flocos de millo crus son máis ou menos densos ca os cociñados no microondas. Ademais de comprobar a nosa hipótese tivemos a sorte de degustar os flocos.                         

Pingüín!

Imagen
Hoxe as nenas e os nenos máis peques do cole foron de excursión a Vigo. Alí, alumnas e alumnos de Infantil desfrutaron da obra 'Pingüín', ofertada por Afundación!                 

Día da árbore

Imagen
O pasado xoves realizamos unha excursión polos montes próximos ao cole. Como cada ano, plantamos árbores e ademais tivemos a oportunidade de observar como soltaban unha aguia. Para rematar démoslle unha bonita sorpresa ao noso anterior director, Javier! Na actividade colaboraron a comunidade de montes en man común Sta Maria de Arbo e o colectivo Máis Monte. Grazas!                          

Formigas traballadoras!

Imagen
 

Investigamos sobre a saúde!

Imagen
As nenas e os nenos de sexto tiveron que investigar sobre a enfermidade e a saúde, a alimentación saudable e os estilos de vida que nos provocan benestar. Para rematar, plasmaron os seus coñecementos nunha exposición do traballo!

Día da Muller!

Imagen
O oito de marzo é un dos días máis especiais do ano. E celebrámolo sempre con moita ilusión! Este ano nenas e nenos escolleron unha superheroína da súa familia! E o venres as nenas de quinto e sexto leron un manifesto, cantamos e bailamos cancións feministas e nas aulas proxectamos varias curtametraxes!

Contacontos "Superavoa"!

Imagen
Este martes recibimos a visita de David Rodríguez, contacontos co que os máis pequenos desfrutaron da fantástica 'Superavoa".

Bádminton en Ponteareas!

Imagen
Nunha nova xornada de Xogade, as nenas e nenos de quinto e sexto foron este luns a Ponteareas para aprender os fundamentos básicos do bádminton e practicar este divertido deporte.

Formiguiñas Superheroínas

Imagen
 Continuará...

E máis Rosalía!

Imagen
Este luns recibimos a visita do músico e titiriteiro Luis Vallecillo, cun espectáculo no que Rosalía de Castro foi a gran protagonista!

Nós tamén somos Rosalía

Imagen
Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, o alumnado do CEIP Antonio Carpintero explica moi ben por que tamén eles e elas son Rosalía. Escoitándoos dámonos conta que Rosalía sigue en tod@s nós porque era tan inmensa que, como a súa "negra sombra", está en todo e é todo.  Feliz Día de Rosalía!

E chegou o Entroido!

Imagen
Este venres celebramos o Entroido no cole! Debido á choiva o desfile tivo lugar no pavillón, no que puidemos desfrutar dunha batucada e máis música na que participaron nenas e nenos de varios cursos. Xa de volta no cole tocou ler as coplas e comer doces típicos destas datas!