Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

Enchemos a escola de risas!

Imagen
As nenas e os nenos de Infantil desfrutaron dun día de praia en Arbo. Bo verán e a ser felices!

Para rematar, xogamos!

Imagen
 O mércores foi o último día do curso. E tiñamos que rematar xogando!

Os maiores gradúanse!

Imagen
Durante esta última semana tamén tivo lugar a graduación das nenas e dos nenos de sexto de Primaria. Foi un acto moi emocionante para mestres, alumnos e familias!

Despedida de Javier!

Imagen
O martes rematamos a mañá cun momento moi especial, emotivo... E sorprendente! O noso dire Javier non esperaba que lle fixeramos esta homenaxe. As nenas e os nenos de todo o cole fixeron un corredor para despedirse de Javier como o merece: rodeado de aplausos. A ANPA e o Concello de Arbo tamén agradeceron a Javier a súa dedicación incansable.   

Representacións do obradoiro de teatro!

Imagen
As nenas e nenos do obradoiro de teatro fixeron un traballo fantástico! Chegaron con moitos nervios e ilusión ao día das representacións e demostraron o bos actores e boas actrices que son! Bravo!

Nova edición do xornal 'O Muíño'!

Imagen
O CEIP Antonio Carpintero pecha o curso 2022-2023 cunha nova edición do xornal O Muíño , esta vez adicado á música. Gran traballo de nenas, nenos e do Equipo de Dinamización Lingüística! Agardamos que vos guste! XORNAL   O MUÍÑO

Última recollida de pilas!

Imagen
Estamos chegando ao final de curso e tocaba facer unha última recollida de pilas! 

Excursión a Manzaneda!

Imagen
 Xa fai unhas semanas que estivemos en Manzaneda e quedáronnos uns marabillosos recordos! As nenas e nenos de quinto e sexto de primaria desfrutaron moitísimo coas distintas actividades!

Outra vez finalistas nos Premios de Podcast!

Imagen
O noso cole foi por segundo curso consecutivo finalista nos Premios de Podcast O vello dos contos . Este ano o podcast finalista foi 40 Galegos Clásicos, no que Yaiza, Hugo, Saúl, Ainara e Jose realizaron un moi bo traballo sobre Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado o día das Letras Galegas.  Nos seguintes enlaces podedes escoitar tanto o podcast finalista como os outros traballos que presentamos, tamén xeniais! 40 Galegos Clásicos Indo ao pasado Entrevistando aos mortos