Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

UNS DISFRACES TERRIBLEMENTE ENCANTADORES!

Imagen
Non podía ser doutro xeito! Como cada ano, o alumnado (e profesorado) do CEIP Antonio Carpintero celebrou o día do Samaín vestíndose para a ocasión. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo onde poderedes observar algúns dos fabulosos disfraces e orixinais maquillaxes que lucimos nesta ocasión!! QUE PASEDES UN BO SAMAÍN!

CHEGOU O SAMAÍN!!!!!!

Imagen
Como cada ano por estas datas, as nenas e nenos nos presentan coas súas mellores galas as fantásticas, fabulosas, simpáticas, orixinais e terroríficas CABAZAS DE SAMAÍN! As cabazas deste ano dan tantísimo medo que decidimos facer un pequeno vídeo en lugar de expoñelas no cole,  non vaia ser que algún profe non o poida soportar e marche do cole berrando e correndo.... Como sempre, moitísimas grazas pola colaboración e agardamos que vos gusten FELIZ SAMAÍN!  

PINTANDO IGUALDADE...

Imagen
Despois de levar moito tempo con este proxecto a voltas por fin podemos dicir orgullosos que no CEIP Antonio Carpintero temos un precioso e colorido grafiti no patio! Este non é un grafiti calquera, pois con el tratamos de recordar ao mundo que no noso cole a IGUALDADE salta á vista. Ano tras ano a educación en valores supon un piar fundamental do noso proxecto educativo e esta obra constitúe un elemento máis dentro do noso crebacabezas máis importante: axudar a formar ao alumnado para que a sociedade futura se sustente en valores tan importantes como a inclusión, a igualdade, o respecto... Por suposto, non podemos (nin queremos) esquecernos daqueles que fixeron posibles este pequeno soño. Moitas grazas ao Concello de Arbo pola súa grandísima aportación e pola súa continua colaboración (sabedes que estamos infinitamente agradecidos e isto non sería posible sen vós). Moitas grazas tamén ao artista que plasmou marabillosamente as ideas que tiñamos en mente, graciñas Jose Ángel polas faci