Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

“Brecha dos soños”

Imagen
Desde a aula de 4 anos (5º de EI) queremos dar  visibilidade a importancia que ten crer en nos desde que empezamos a soñar, dándonos alas e apoiando as nosas ideas porque dese xeito chegaremos tan lonxe como desexemos. Estamos feitas/os para facer cousas grandes na vida, non nos quitedes os nosos soños e talentos; facede isto e veredes como conquistamos o mundo :) Como nos di Francis Wright (escritora, librepensadora e feminista) “A igualdade é a alma da liberdade, de feito, non hai liberdade sen ela”. Xuntas e xuntos conseguirmos un mundo mellor, hoxe e sempre loitaremos pola igualdade e liberdade ;) Esperamos que gocedes deste vídeo tan especial para nos :) Música: Lovely Piano Song Músico: Rafael Krux Url:  https://freepd.com/ Licencia: https:// creativecommons.org/ publicdomain/zero/1.0/ legalcode

A IGUALDADE NON TEN TRUCO!

Imagen
 E continuando coa celebración do 8M, hoxe tivemos un actuación con moito truco! Graciñas á ANPA do cole pola súa colaboración....MANDA TRUCO!

EN ARBO CELEBRAMOS A IGUALDADE CADA DÍA...

Imagen
 Os estereotipos, a desigualdade ou a distinción entre xéneros non está no dicionario do noso cole. Desta vez o alumnado de cuarto atreveuse coa reciclaxe e coa máquina de coser para facer unhas marabillosas bolsas de tea para traer as súas merendas saúdables. Pódese pedir algo máis?

ALIMENTÁMONOS BEN

Imagen
 Quen dixo que non podíamos desfrutar dunha merenda rica e saudable cun sorriso? O noso alumnado apúntase á alimentación saudable, non vos animades?

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

Imagen
Como non podía ser doutro xeito, o pasado día 24 fixemos unha bonita homenaxe a Rosalía de Castro enchendo de cor os corredores e a entrada do cole. Así de bonito nos quedou!