Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

COMO PODE VOAR UN HELICÓPTERO EN MARTE?

Imagen
Como pode voar un helicóptero en Marte? Os pequenos científicos de cuarto estiveron investigando sobre o primeiro voo con motor fóra do noso planeta grazas ao visionado dun vídeo acerca do helicóptero Ingenuity durante a misión Marte 2020. Descubriron que os enxeñeiros da NASA se inspiraron para o deseño deste helicóptero en....SEMENTES DE ÁRBORES!!!!!! (que si que si...que non é broma!!) Remataron a xornada experimentando e facendo o seu propio helicóptero....

CONVERTÉMONOS EN DETECTIVES POR UN DÍA...

Imagen
O alumnado de cuarto participou a pasada semana no Obradoiro de Galiciencia CSI. Para poder resolver o misterio do roubo do diamante tiveron que buscar pegadas con grafito e brochas, atopar pegadas das zapatillas do ladrón, descubrir mensaxes misteriosos ou aprender sobre a cromatografía...

CONTOS CANTADOS...

Imagen
 Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas acompañounos o noso amigo Truque Matruque para amenizarnos a mañá e contarnos cantando unha morea de historias e anécdotas interesantes sobre a nosa terra.  FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGOS A TODAS E TODOS!!

TRABALLANDO AS COMPETENCIAS CLAVE...

Imagen
 O alumnado de 5 anos non para de traballar para rematar esta etapa tan importante con moitísimas forzas e mooooooi preparados. No día a día traballamos en equipo para desenvolver as competencia matemáticas e lingüística, mellorando a nosa atención, a lateralidade, a lóxica matemática ou a coordinación visomotriz...e o máis importante, todo isto facémolo mentras O PASAMOS XENIAL!