Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

Exposición de cabazas

Imagen
Outro ano máis as nosas pequenas e pequenos realizaron unhas fantásticas cabazas para expoñer nestas datas tan arrepiantes!  Grazas!

Inauguramos a biblioteca!

Imagen
Despois dun inicio de curso no que o Equipo de Biblioteca fixo un excelente traballo, por fin as nenas e nenos puideron baixar a este marabilloso espazo!  As distintas clases realizaron emocionantes xogos e as nenas e nenos recibiron vales para escoller un libro cada un.  Felices lecturas!

Formiguiñas máxicas

Imagen
 Entre bruxas e feiticeiros, gozaron as formigas de 5 anos dun mes de outubro do máis faranduleiro.                       

O Samaín chegou a Arbo!

Imagen
As nenas e os nenos do noso cole pasaron un día especial, divertido e terrorífico. Moitos sustos e disfraces, e unhas impresionantes cabazas nun cole decorado para a ocasión. Agora a descansar uns días!                        

Relato terrorífico

Imagen
As nenas e nenos de terceiro a sexto de primaria escribiron un relato que dá moito medo... Asustaron aos máis pequenos cunha terrorífica historia que agora estes terán que ilustrar para o día de Samaín!