Entradas

Mostrando entradas de enero, 2022

Día da Paz e a Non Violencia.

Imagen
  O 30 de xaneiro festexamos o día da Paz e a Non Violencia. Tod@s @s alumn@s do cole quixeron poñer un pouquiño da súa parte para elaborar un vídeo musical coa canción POLO DEPORTE Á PAZ. Esta canción lémbranos a importancia que ten a amizade, o compañeirismo e traballar xunt@s para ser felices na nosa vida. Noraboa a tod@s e a mestra Isa polo gran esforzo!

APRENDEMOS A CONVIVIR, CONVIVIMOS APRENDENDO

Imagen
 O pasado mércores 26 (e continuaremos o vindeiro mércores día 2) o alumnado de cuarto e quinto do cole tivo un fantástico obradoiro para produndizar sobre as habilidades sociais, un contido fundamental que constitúe un pilar básico da formación nos nosos alumnos. Agradecemos, coma sempre, a colaboración do Concello e do Centro Engloba por facer máis sinxela a organización deste tipo de iniciativas

ESTAMOS DE CAMPAÑA....

Aproveitando o tema de sociais: "O Concello", os grafiteros de terceiro decidimos facer a nosa elección de delegado. Presentamos as nosas candidaturas, o noso programa electoral, tivemos xornada de reflexión e, por suposto,  VOTAMOS!!