Semana do Libro!

A semana pasada celebramos unha moi completa Semana do libro con estupendas actividades.

En Nós tamén contamos as nenas e os nenos fixeron de contacontos durante os recreos, con Lerflix recomendaron libros en galego e castelán, no Taller de citas célebres demostraron as súas incribles habilidades co Lettering

Ademais, volvemos realizar unha actividade moi especial, o Apadriñamento Lector, no que alumnas e alumnos leron contos a compañeiros de cursos máis baixos, aínda que as formiguiñas tamén lles leron aos maiores.

Para rematar, este luns tivemos Citas a cegas, na que a través dalgunhas pistas nenas e nenos conseguiron libros para as bibliotecas de aula! E fomos ao auditorio a gozar da actuación de Pakolas e da ilustradora Laura Romero.

Unha marabilla de semana, como corresponde a unha das mellores cousas que existen: os libros!                               

                                                                                                        

      



                   

                

                














Comentarios

Entradas populares de este blog

E chegou o Entroido!