As nenas e nenos do noso cole pasaron unha xornada mooooi divertida marcada polos sustos as sorpresas, os disfraces, a decoración típica destas datas e sobretodo moita festa...BO SAMAÍN A TODAS E TODOS!!!
No CEIP Antonio Carpintero seguimos ano tras anos e e pesares das restriccións sanitarias loitando por manter vivas as tradicións. Desta vez facemos un homenaxe ao mundo celta e presentámosvos as fantásticas cabazas que tallaron os nosos pequenos artistas...
Os nenos e nenas de sexto de primaria fixeron unha exposición sobre tecnoloxía. Aprenderon e explicaron cales son os tipos de máquinas, como funciona un circuíto eléctrico, que é o electromagnetismo... E fixeron maquetas e experimentos!
@s alumn@s de 3º tivemos unha orixinal idea para presentarvos o novo mural (que fixemos tod@s os cursos) para conmemorar o papel das mulleres na sociedade. Por certo xa eliximos o nome da nosa clase: @s Grafiteir@s.
Que pasaría se a miña mestra se convertise en bruxa ou en Frankenstein? Pois o alumnado de terceiro e cuarto de deu ronda a súa imaxinación e crearon historias moi divertidas e terroríficas...
Desta vez, e de novo grazas á colaboración do Concello de Arbo e coa inestimable axuda dos nosos amigos grafiteros, voltamos a levar a cabo unha iniciativa de traballo sobre a igualdade. Nesta ocasión propuxémonos a realización dun grafiti na que resaltamos a figura de oitomulleres pioneiras en diferentes campos. Nenos e profes aprendemos moito con esta iniciativa e deixamos unha pegaba indeleble nos muros do centro e en nós mesmos. PD: Hai que ver o ben que pintan os nenos e nenas do noso cole
O alumnado de terceiro puxémonos mans á obra. Descubrimos quen foi a primeira muller astronauta en ir ao espazo, Valentina Tereshkova, así como unha morea de cousas sobre ela. Logo, fixemos un debuxo dela e tivemos que escoller un. Como nos gustaron moitos fixemos unha montaxe cos máis votados.