O alumnado do CEIP Antonio Carpintero deséxavos un Bo Nadal a todas e todos. Este ano, ademais, faremos unha especial mención a usuarios e traballadores da Residencia Santa Teresa. Bo Nadal!!!
Despois dos anos Covid, por fin puidemos gozar de novo do Festival de Nadal. Noraboa a todas e todos por un acto tan divertido e moitas grazas á profe Isa polo seu traballo!
As nenas e nenos de Proxecto Competencial decidiron realizar un folleto para explicarnos como aforrar auga. Realizaron unha investigación para decidir que información incluír e agora toca expoñer o traballo.
As nenas e nenos do noso cole aprenderon algunas cousas moi importantes sobre as medidas que hai que tomar ao atoparse con algunhas lesións, accidentes ou enfermidades.
Despois dun par de anos de descanso, Radio Arbo volve con máis forzas de nunca. Os nenos deste obradoiro agasállannos cun programa repleto de curiosidades, humor, diversión e entretemento. Esperamos que vos guste!
En quinto estivemos este último mes traballando o pensamento computacional por medio de Scratch, unha linguaxe de programación moi interesante e divertida!
Dende a biblioteca do cole fannos unhas interesantes recomendacións literarias. Un libro é un regalo marabilloso, como moi ben saben Papá Noel e os Reis Magos...
Nesta segunda xornada do obradoiro de radio tocou realizar ensaios, selección de elementos musicais e gravación e edición de son. Nas vindeiras semanas poderedes gozar do primero programa de Radio Arbo 2022/2023!
Chega o Nadal e as nenas e os nenos do obradoiro de enredos temos a misión de decorar o noso colexio para esta época. Por iso puxémonos mans a obra e construímos unha vila de Nadal. Esperemos que vos guste!
Este venres celebramos un día especialmente importante, o día da eliminación da violencia contra a muller. Durante as últimas semanas expuxemos unha selección de material sobre igualdade e hoxe saímos o patio con algunha prenda violeta e coas uñas pintadas desa cor para gardar un minuto de silencio e representar o símbolo das mulleres.
En quinto de primaria analizamos a letra da canción infantil Antes de almorzar e debatemos sobre o seu ton machista. Despois escoitamos e vimos o vídeo do tema Así bailaba, de Rigoberta Bandini e Amaia, no que lle dan a volta a esa canción cun enfoque feminista. As nenas e nenos plasmaron a súa visión nunha cartolina violeta, como non podería ser doutro xeito!
No obradoiro de baile, con vasos de plástico, traballamos a coordinación e o ritmo. Practicamos unha danza medieval ( O baile do oso ) e empezamos a ensaiar unha coreografía para o festival de Nadal.
No obradoiro de experimentos empregamos o microscopio para observar pelo, distintos tipos de fíos, letra impresa dun xornal e, o que máis nos gustou, un protozoo que atopamos na auga estancada do patio do colexio!
Hoxe foi un día moi especial no cole, pois volveron os obradoiros que foran interrompidos pola pandemia. No de teatro houbo xogos dramáticos e actividades de expresión corporal! Ademais comezamos a preparar unhas pequenas e divertidas obras!