Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

ENTROIDO 2022

Imagen
As olimpíadas apoderáronse do cole e así de deportiv@s ibamos tod@s.  Un Entroido diferente pero sempre mantendo  o nivel cos disfraces 👏👏👏👏 Parabéns pola vosa participación! Isto non foi todo!! @s alumn@s de 6º encargáronse de porlle a nota de humor ao noso Entroido recitando unhas coplas sobre @s profes do cole. Ata Pepe recibiu algo da súa parte!! Preparad@s para rir un pouquiño??  

DÁNDOLLE AO COLE UNHA POUCA DE COR!!

Imagen
 O alumnado de sexto botounos unha man para darlle unha toque de cor á entrada do cole...a ver que vos parece, a nós encántanos!!

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
 Por moito que fagamos non temos maneira de agradecer a Rosalía todo o que fixo pola nosa terra e pola nosa cultura, pero imos intentar neste día tan relevante, facerlle unha pequena homenaxe. O alumnado de primeiro fixo un recitado dun dos seus cantares máis coñecidos... En todas as clases fixemos actividades divertidas coas que aprendemos moito sobre a vida da nosa escritora máis representativa. E para complementalo, todas as nenas e nenos do cole bordaron e decoraron este marabilloso mural en tea

Visita ao concello

Imagen
 As clases de 3º e de 4º visitaron esta mañá o noso concello para coñecer desde dentro como é o seu funcionamento e as distintas estancias que hai no edificio. Gozaron desta experiencia e ademais tiveron a sorte de recibir uns agasallos xeniais. Moitas grazas ao concello e @s traballador@s por permitirnos aprender máis cousas sobre a nosa vila. 

Visita ao Arabo

Imagen
As clases de 1º e de 2º visitaron esta mañá o  Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea, un lugar onde comprender a enorme vinculación histórica dos arbenses  co viño e a lamprea. Construída  na antiga escola de Arbo recompila no seu interior información moi interesante sobre a nosa comarca, paneis nos que aprender todo o necesario sobre este peixe prehistórico tan representativo da nosa vila e ata vídeos nos que observar o modo en que son capturadas. Esta excursión fixo as ledicias d@s nos@s alumn@s e ademais... levamos para casa un agasallo. Moitas grazas ao concello por esta fermosa actividade.

San Valentín en 3º

 Hoxe aproveitando o día de San Valentín, na clase de 3º traballaron o día da amizade dicindo cousas bonitas d@s compañeir@s. Pasárono en grande!

AS TANXUGUEIRAS CHEGAN A ARBO!!

Imagen
Desde 6º de infantil estamos encantadas/os de festexar a nosa lingua, de bailar e cantar a plena voz esta canción que Tanxugueiras fixo dela un himno que todavía nos une máis como terra, como persoas… Divertímonos, rimos, bailamos, saltamos, cantamos… foron uns días marabillosos nos que nos sentimos como verdadeiras estrelas :)  Esperamos que vos guste moito e que gocedes do noso gran espectáculo ;)

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Durante esta semana, @s nen@s de 3º e 4º estiveron traballando o  Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Coñeceron a mulleres incribles como a 1ª enfermeira, a 1ª muller negra oftalmóloga  que exerceu como cirurxiá... Despois da investigación explicáronse entre el@s as científicas que descubriran  e así de fermosos quedaron os seus traballos. Parabéns a tod@s!

A clase de 3º traballa unida

Imagen
 Esta semana a clase de 3º continuou coa formación que nos ofreceu a asociación ÉRGUETE. Traballaron a empatía, cohesión grupal, o respecto e como afrontar as emocións. Grazas a asociación e o concello por esta actividade tan necesaria para todas as idades.

NO DEPORTE NON HAI FRONTEIRAS!!

Imagen
 Para conmemorar o día da Paz estivemos traballando diferentes actividades.  Fixemos muráis co noso deporte e nas nosas zapatillas palabras fermosas, mascarillas con diferentes mensaxes, coñecemos a incribles persoas que fixeron cousas polos demais e por suposto aprendemos: NO DEPORTE NON HAI FRONTEIRAS