Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

Día da árbore

Imagen
 Un ano máis o 21 de marzo está sinalado no noso calendario. @s nen@s do cole sairon do cole para plantar unhas árbores no coñecido como "Parque dos patos". Moitísimas grazas á colaboración da Comunidade de montes de Arbo.  Sen vós está fermosa actividade que nos conecta coa natureza, e nos recorda a importancia das árbores nas nosas vidas, non sería posible!

Xincana pola igualdade

Imagen
 O alumnado do colexio Antonio Carpintero está moi concienciado da importancia que ten nas súas vidas a igualdade. Todas as persoas somos iguais e unha vez máis demostrouse coa xincana que realizamos durante toda a mañá no pavillón da escola. Contacontos, probas físicas, probas mentais... Actividades do máis divertidas para continuar aprendendo e traballando por un mundo xusto e igual para tod@s.  

O ALUMNADO DE 4 ANOS CELEBRAN O DÍA DA ÁRBORE

Imagen
 Como podedes comprobar, as nenas e nenos de catro anos tiveron unha xornada moi especial para celebrar o día da árbore...Noraboa!!

MOITAS GRAZAS ARBO!!

Imagen
 Onte, finalmente levamos toooooodo o recollido polo cole (e polo Concello) ás instalación da Asociación AGA-Ukraína. Se todo vai segundo o previsto, o vindeiro luns partirán cara Ucraína cun pouquiño de nós. A iniciativa foi un éxito, e por suposto, sería imposible sen VÓS. Moitas grazas nen@s, moitas grazas famiilias, moitas grazas Concello, MOITAS GRAZAS ARBO!

POR TI, POR MIN, POR ELAS, POR NÓS!

Imagen
Nunha data tan sinalada,  as nenas e nenos do grupo de 6º de Educación Infantil recórdannos a importancia de educar en feminismo. Todos temos a chave para garantir unha sociedade libre de estereotipos e na que as nosas pequenas e pequenos poidan voar para cumprir os seus sonos.... POR TI POR MIN POR ELAS POR TODOS... ÚNETE AO NOSO CAMBIO!!

POR MIN, POR TI, POR TODAS E TODOS

Imagen
As nenas e nenos de 4 anos confiamos en que traballando día a día pola igualdade, conseguiremos un mundo mellor.  Por iso, hoxe celebramos o Día da Muller e o resto do ano, exercémolo. Desexamos que vos guste a nosa homenaxe.

TODO UN CURSO APRENDENDO, TODA UNHA VIDA RECICLANDO

Imagen
 As nenas e nenos de 4 anos dánnos unha lección de que se poden facer cousas marabillosas usando o material de refugallo....Mirade que cousas máis chulas!! NORABOA!!!

QUEN DIXO QUE RECICLAR NON É DIVERTIDO??

Imagen
 Dende a materia de Relixión demóstrannos que podemos traballar e aprender mentras animamos ao noso alumnado a coidar o noso planeta mediante a reciclaxe...a que é unha pasada?

I XORNADA SOBRE "OS RISCOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E DAS REDES SOCIAIS NOS MENORES

Imagen
 O vindeiro venres día 11 de marzo teremos unhas xornadas dirixidas aos familiares dos menores para tratar un tema tan importante. Agardámosvos a todas e todos!!

Proxecto plantando árbores con pinceis

Imagen
O día de hoxe será inesquecible para tod@s @s nen@s de primaria. Non hai nada máis divertido que pintar con mil cores distintas deixando voar a imaxinación. As clases de 1º, 2º e 3º realizaron un obradoiro de pintado de bolsas de tea. Deseñaron unhas bolsas con ideas sobre o coidado do medio e o modo no que lles gustaría ver ao seu redor.  Mentres tanto @s de 4º, 5º e 6º pintaron un espectacular mural que decorará a entrada do noso cole para sempre. Parabéns a tod@s!

AXUDAMOS A UCRAINA? AXUDAMOS AO MUNDO!

Imagen
  O alumnado do CEIP Antonio Carpintero quere poñer o seu granciño de area para axudar á poboación de Ucraína, para iso estamos a levar a cabo unha campaña de recollida de alimentos, roupa ou elementos que cubras as necesidades básicas. Se te animas a colaborar podes deixar as túas doazóns no patio cuberto do Colexio  cada día de 10.00 a 14.00 . Nós encargarémonos de facer chegar todas as vosas doazóns á ASOCIACIÓN GALEGA DE AXUDA A UCRAÍNA” (AGA-UCRAÍNA)!! PERO CON QUE COUSA PODO AXUDAR??  Aquí vos deixamos algún exemplo...