Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

'Un burato no tempo'

Imagen
  Despois de ter que solucionar diversos problemas e aprazar rodaxes debido a situación actual xerada polo covid, xa podedes ver a curtametraxe Un burato no tempo, extraordinario traballo realizado en sexto de primaria. Que grandes actrices e actores temos!

CIENCIA EN MOVEMENTO

Imagen
  Que importante é comprender os conceptos científicos a través da práctica. Eso fixeron as alumnas e os alumnos de quinto e sexto de primaria no obradoiro impartido por membros do colectivo Ciencia en Movemento. Así aprenderon como a ciencia tamén está moi presente nos deportes olímpicos!

EXCURSIÓN A MANZANEDA

Imagen
  Esta semana as nenas e os nenos de sexto estiveron  en  Manzaneda durante tres días e dúas noites. Foi unha marabilla de excursión na que gozamos moitísimo e realizamos un montón de divertidas actividades en medio da natureza. Gran experiencia!

Día das Letras Galegas 2022

Imagen
  Con motivo da celebración do día das Letras Galegas 2021, dende o CEIP Antonio Carpintero decidimos facer a nosa pequena homenaxe ao escritor Florencio Delgado Gurriarán e ao mesmo tempo gozar dun pouco do noso folclore. @s alumn@s de 5º e 6º leron uns textos sobre o autor e a asociación cultural A vella Barca de Arbo, e  algunhas das alumnas do centro fixeron unha exhibición de baile tradicional galego.  Ao final animámonos tod@s a bailar un pouquiño :)

PLAN DIRECTOR. PREVENCIÓN DE ACOSO E DE CONSUMO DE DROGAS.

Imagen
 Esta mañá e grazas á colaboración de Yolanda e Jose (garda civil e sarxento de Arbo), puidemos facer reflexión co noso alumnado de quinto sobre a importancia de todos e cada un de nós para previr o acoso escolar e recalcamos a importancia da información obxectiva e a asertividade para a prevención do consumo de drogas. Moitas grazas por esta charla tan productiva!

AO TEATRO CON MIGALLAS

Imagen
 Que mellor maneira de celebrar o día das letras galegas que desfrutando do humor e a música galega grazas aos nosos amigos de Migallas?

A CIENCIA É DIVERTIDA?

Imagen
 Os grafiteir@s de terceiro demóstrannos con este vídeo tan chulo que a ciencia pode e debe ser divertida!!!

CREANDO PODCAST PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Imagen
 As nenas e nenos de sexto realizaron varios podcast sobre Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado no día das Letras Galegas.  Participarán no concurso 'O vello dos contos'. Desexámoslles moita sorte! PODCAST RADIO ARBO PODCAST RADIO CEO PODCAST HORACIO PODCAST CADEA ARBO

OS GRAFITEIR@S FANSE CIENTÍFIC@S!!

Imagen
 Os grafiter@s descubrimos a través dun experimento porque algún insectos camiñan pola agua e porque flota un clip e nós 🤭. Todo grazas a  tensión superficial (as forzas de cohesión entre as moléculas da auga).

A HORTA DE MARCOS

Imagen
As formiguiñas vivimos unha experiencia chulísima.Fomos prantar berenxenas,leitugas,espinacas... Grazas Marcos e Vero

SAAABOR!!

Imagen
Onte, os nosos amigos de  Culturactiva S. Coop. Galega estiveron no cole para facernos pasar un rato moi divertido e con moito saaabor! Pasámolo xenial e estamos desexando facer outra actividade coma esta. Moitas grazas!!