Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

Contra a violencia de xénero

Imagen
Este venres celebramos un día especialmente importante, o día da eliminación da violencia contra a muller. Durante as últimas semanas expuxemos unha selección de material sobre igualdade e hoxe saímos o patio con algunha prenda violeta e coas uñas pintadas desa cor para gardar un minuto de silencio e representar o símbolo das mulleres.

Cancións feministas moito mellor!

Imagen
En quinto de primaria analizamos a letra da canción infantil  Antes de almorzar   e debatemos sobre o seu ton machista. Despois escoitamos e vimos o vídeo do tema  Así bailaba,  de Rigoberta Bandini e Amaia, no que lle dan a volta a esa canción cun enfoque feminista. As nenas e nenos plasmaron a súa visión nunha cartolina violeta, como non podería ser doutro xeito!

Pola liberdade!

Imagen
As formigas conmemoran o 25-N cun canto á LIBERDADE. "No entiendo otro concepto de libertad que no sea el de vivir sin miedo." Becky N.

Obradoiro de baile

Imagen
No obradoiro de baile, con vasos de plástico, traballamos a coordinación e o ritmo. Practicamos unha danza medieval ( O baile do oso ) e empezamos a ensaiar unha coreografía para o festival de Nadal.

Obradoiro de experimentos

Imagen
No obradoiro de experimentos empregamos o microscopio para observar pelo, distintos tipos de fíos, letra impresa dun xornal e, o que máis nos gustou, un protozoo que atopamos na auga estancada do patio do colexio!                                                          

Obradoiro de teatro

Imagen
Hoxe foi un día moi especial no cole, pois volveron os obradoiros que foran interrompidos pola pandemia. No de teatro houbo xogos dramáticos e actividades de expresión corporal! Ademais comezamos a preparar unhas pequenas e divertidas obras!                                      

Obradoiros sobre violencia de xénero

Imagen
Hoxe tivemos no cole unha actividade organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade. Explicáronnos cousas interesantes sobre a violencia de xénero e tamén xogamos para comprobar os nosos coñecementos.

A vida na Terra

Imagen
Esta semana, en quinto realizaron as exposicións do traballo A vida na Terra , no que tiveron que buscar información para explicar que é un ser vivo, como é a súa estrutura e como se poden clasificar. Parabéns!                      

Escarlatina, unha cociñeira moi especial...

Imagen
Escarlatina, a cociñeira defunta é un excelente libro da autora galega Ledicia Costas. As nenas e os nenos de quinto leron o libro e realizaron un resumo e unha crítica que posteriormente gravamos.  

1º e 2º non se aburren no teatro

Imagen
Este martes @s alumn@s de 1º e 2º viaxaron a Vigo para gozar dunha xornada de teatro inesquecible. “La aventura de aburrirse” é un espectáculo de monicreques no que   nos presentan a Rita, unha nena, que a pesar de ter moitos xoguetes, sempre se aburre e non sabe xogar sola. Este espectáculo pretende motivar a creatividade d@s nen@s, así como reflexionar sobre a xestión do tempo e a cantidade de xoguetes e regalos que teñen na casa. Pasárono en grande J

Xogamos coa lingua

Imagen
As nenas e os nenos de cuarto de primaria baixaron a biblio a xogar coa lingua!

E chegou o Magosto!

Imagen
Hoxe tivemos un fantástico día de sol para celebrar o magosto e gozar comendo unhas saborosas castañas e xogando a uns divertidos xogos!