Hoxe lemos un manifesto pola Paz e as nenas e nenos tocaron coa frauta o Himno da alegría. Rematamos cantando e bailando, unha boa maneira de celebrar un día tan importante!
Este mércores as nenas e nenos de quinto e sexto de primaria acudimos a unha divertida representación teatral en Vigo, unha actividade organizada por Afundación. What Monster? é unha obra de teatro participativo en inglés, na que o público forma parte da posta en escena. E neste caso, como vedes, a algún de nós tocoulle subir ao escenario!
Hoxe no obradoiro de experimentos fixemos unha lámpada de lava, unha botella que respira, vimos como un globo é capaz de inflarse só e comprobamos como se engadimos sal á auga o ovo flota!