Hoxe quedamos alucinados co Mago Teto, un mago de gran popularidade que trouxo ao noso cole xeniais trucos de maxia e moito humor relacionados coa nosa literatura e, sobre todo, coa figura de Rosalía de Castro, á que hoxe e onte recordamos co gallo do aniversario do seu nacemento!
Para conmemorar o Día de Rosalía, o vindeiro 23 de febreiro, o alumnado de todas as etapas, representado por algúns compañeiros e compañeiras, recitaron un dos poemas máis famosos da autora: Adiós ríos, adiós fontes.
Este curso recuperamos algunhas tradicións que durante os anos da pandemia quedaran olvidadas, e saímos do cole para dar un paseo cheo de ritmo polas rúas de Arbo!
As nenas e os nenos de sexto prepararon unhas coplas para tomarlle un pouco o pelo ás mestras, aos mestres, a Pepe... Hai para todos! Que perigo teñen!
As nenas e nenos de quinto de primaria, coa xenial colaboración de varias alumnas do obradoiro de teatro, interpretaron maxistralmente unha obra de teatro musical con aires de Broadway!
As máis pequenas e os máis pequenos do cole gozaron dunhas actividades inclusivas que trouxo Afundación! Persoas con diversidade funcional realizaron contacontos e un obradoiro sobre a familia.