Durante estes días as distintas clases foron completando un rosco do Pasapalabra que incluía preguntas sobre Francisco Fernández del Riego e moitas cousas máis!
Onte foi un día de espectáculos. Neste caso, para promover o amor pola lectura, realizáronse trucos de maxia e sombras chinesas usando contos e fábulas como fío condutor. Grandes e pequenos desfrutaron dun fermoso e entretido espectáculo onde se fomenta o hábito de lectura como método para facer voar a imaxinación.
Este venres visitamos o auditorio para coñecer a figura de José Gil, que foi un fotógrafo e pioneiro do cine. Tamén vimos Sempre forte, unha película do ano 1921 protagonizada por Harold Lloyd, e contamos cun explicador (persoa que comenta as películas mudas) de luxo, Ignacio Vilar, director de películas como A Esmorga.
Onte foi o día da excursión de fin de curso! Este ano tocou visitar as instalacións do Ecoparque Atalaia, un centro de ocio e aventura ao aire libre onde nenas e nenos gozaron de varias actividades lúdicas e deportivas.
Grazas ao programa de deporte escolar XOGADE as nenas e nenos de terceiro e cuarto de primaria do noso cole puideron desfrutar con diversos xogos e actividades relacionados coa Loita Olímpica.