Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

A bruxa regañadentes

Imagen
En terceiro quixeron festexar o Samaín realizando un marabilloso audioconto titulado 'A bruxa regañadentes'. Estupendo traballo!

Xa está aquí o Samaín!

Imagen
As nenas e nenos de quinto realizaron unha actividade ben bonita e inclusiva: sinaron unha canción do Samaín moi coñecida por todos: 'O Samaín'. Como nos din... "coidado, coidado, que xa están aquí".

Día das Bibliotecas

Imagen
Celebramos entre libros o Día das Bibliotecas con actividades moi divertidas!

E máis emocións!

Imagen
Hoxe as nenas e nenos de cuarto participaron no obradoiro 'Educando as emocións'. Aprenderon técnicas de relaxación, puxéronlle nome ás súas emocións, crearon carteis, xogaron… Pasárono xenial!

Ditado explosivo

Imagen
Na aula de quinto os ditados son máis divertidos e explosivos. Unha actividade diferente para reforzar a ortografía!

En quinto tamén coñecen as emocións

Imagen
As nenas e nenos de quinto tamén participaron no programa de prevención da violencia de xénero organizado por Talentea, e aprenderon cousas importantes sobre as emocións.

Educando en emocións

Imagen
Hoxe as nenas e nenos de sexto participaron no obradoiro 'Educando en emocións', un programa de prevención da violencia de xénero en Educación Primaria.                                 

Loita deportiva

Imagen
As nenas e nenos de terceiro a sexto de primaria participaron nunha actividade de loita deportiva que tivo lugar no pavillón do cole!