Para conmemorar o 25N, na clase de terceiro fixeron un mural para colocar na porta da aula co lema "Coas nosas mans...", e serviulles para traballar conceptos en contra da violencia de xénero.
Hoxe conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres. Uns pergamiños cos desexos de nenas e nenos serviron para decorar a entrada do cole. No emotivo acto realizouse a lectura dun manifesto, o recitado dunha poesía e unha canción púxolle ritmo a este día tan importante!
Esta semana desfrutamos de dúas xornadas de cross en Ponteareas, dentro do programa XOGADE. Nenas e nenos de terceiro a sexto participaron en distintas carreiras con outros coles da zona. E gañaron algunha medalla!
Os alumnos de primeiro e segundo asistiron este martes en Vigo á representación da obra 'Vaia ritmo'. E, aproveitando a ocasión, foron ata a Porta do Sol para ver como ían os preparativos das famosas luces de Nadal.
Este venres celebramos o Magosto comendo castañas e choripáns! Ademais, nenas e nenos xogaron no pavillón e demostraron as súas dotes como bailaríns e músicos!
Os nenos e as nenas de quinto aproveitaron a festa do Samaín para traballar as mates e as linguas terroríficas. Fixérono tan de medo que tiveron unha gran recompensa (merenda e xogos)!
Para celebrar o Samaín as nenas e nenos de cuarto fixemos madalenas de cabaza ataviados coas nosas galas máis aterradoras! Quedáronnos terroríficamente boas!