E se tiveramos un lapis máxico para cambiar o mundo? As nenas e os nenos de quinto, grazas a Malala, escribimos no lapis as nosas ideas de como o fariamos.
Para rematar unha xornada chea de Paz, desfrutamos dun montón de xogos nos que nenas e nenos non competiron, se no que colaboraron para acadar os obxectivos.
Esta semana tivemos máis actividades deportivas que forman parte da oferta de Xogade! En quinto tocou voleibol, en terceiro bádminton e en cuarto saltos propios do atletismo.
Este luns tivo lugar a primeira das tres xornadas deportivas que se celebrarán esta semana e que se enmarcan dentro do programa Xogade. As nenas e nenos de terceiro gozaron dunha actividade de bádminton, en cuarto o deporte foi o atletismos (lanzamento de peso) e en quinto o voleibol!