Entradas

Mostrando entradas de 2025

EMOCION-ARTE

Imagen
“A Arte como ferramenta de Inclusión e Benestar: Un espazo para todas e todos” Durante este curso, as nenas e os nenos do noso cole, a través da Arte (Pintura), expresarán as súas emocións, mellorarán a súa autoestima, fortalecerán a cohesión comunitaria, emocional e a resolución de conflitos, favorecendo o desenvolvemento da imaxinación, a capacidade de reflexión, de sensibilización, de comunicación e de inclusión, así como a creatividade. Hoxe amosámosvos a 1ª EXPRESIÓN, con motivo do día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

25 N

Imagen
As nenas e os nenos de quinto queremos, a través desta canción, decir NON á violencia e alzar as mans e a voz pola igualdade e e o respecto.

'Cámbiache o conto'

Imagen
Hoxe recibimos a visita de Música Miúda, dous artistas que representaron un espectáculo repleto de música, contos e humor, e no que o público tivo moita importancia.

Cross en Ribadavia

Imagen
Este martes desfrutamos dunha divertidísima xornada de deporte escolar, dentro do programa Xogade. Ademais de pásalo moi ben, as nosas nenas e nenos subiron varias veces ao podio! Parabéns!                                                                         

Magosto no cole!

Imagen
Hoxe pasámolo xenial celebrando o Magosto por todo o alto. Comemos un montón de castañas e bolos con chourizo! Agradecémoslle moito a súa imprescindible colaboración á ANPA A LUMBRE!                      

O Samaín de 5°!

Imagen
As nenas e os nenos de 5º pasamos un día de SAMAÍN diferente con actividades e merendas terroríficas.

Samaín 2025!

Imagen
Velaquí vai o resumo do noso terrorífico Samaín 2025. Queriamos agradecer especialmente ás familias a marabillosa colaboración na elaboración da decoración terrorífica con materiais de refugallo e ós nenos e nenas, xunto cos seus profes, a súa implicación en todas as actividades que levamos a cabo. Foi un Samaín de medo!

3, 2, 1...

Imagen
 As formigas comezan a preparar as maletas... rumbo a Primaria!

A morte misteriosa por culpa do lobo feroz

Imagen
As nenas e os nenoS do servizo de madrugadores prepararon esta divertida peza teatral!   

Coidamos a nosa saúde!

Imagen
As nenas e nenos de sexto recibimos a visita do Equipo Multidisciplinar do SAP A Cañiza e Concello de Arbo. Impartiron obradoiros moi interesantes sobre temas diversos relacionados coa saúde: hixiene dental, hixiene postural/exercicio físico/ergonomía, hixiene de mans ou prácticas de emerxencia.                          

Graduación de sexto!

Imagen
 Un curso máis, as nenas e os nenos de sexto viviron un día especial e cheo de emocións!

Festa da Auga

Imagen
Para rematar o curso todas e todos gozamos dunha divertidísima Festa da Auga!                                                                     

Ditirambo Teatro vai a Ribadavia!

Imagen
Por segundo ano consecutivo invitáronnos a participar no Festival de Teatro Infantil de Ribadavia e nenas e nenos fixérono realmente ben!                   

Visita de Eva Mejuto

Imagen
O pasado xoves recibimos a visita de Eva Mejuto, a autora do libro 'Neko'. Explicounos como foi todo o proceso de escribir este libro. Aprendemos un montón de cousas moi interesantes.

Excursión de fin de curso a Madrid!

Imagen
As nenas e os nenos de quinto e sexto foron de excursión a Madrid! Alí coñeceron algúns datos importantes sobre o Madrid dos Austrias, pasárono moi ben compartindo dúas noites de hotel, desfrutaron dunha intrépida xornada no parque Warner e, para rematar, foron de Safari!