Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2025

Ciencia en movemento!

Imagen
Como cada curso, hoxe recibimos unha visita moi científica. As nenas e os nenos de quinto e sexto desfrutaron con experimentos e explicacións científicas, relacionadas ademais coa temática da Idade Moderna.                                                                    

Aprendemos trucos para debuxar!

Imagen
Este venres Anxo Fariña, escritor e debuxante, ensinounos uns sinxelos e inxeñosos trucos para realizar debuxos estupendos!

Semana da Prensa

Imagen
Para celebrar a Semana da Prensa realizamos actividades moi divertidas: actualidade, xogos fascinantes e entrevistas ás mestras e aos mestres descubrindo moitos segredos.

Charla sobre a violencia de xenero

Imagen
Dentro do Plan Director, o pasado venres recibimos a visita dunha profesional da Garda Civil que nos deu unha importantísima e necesaria charla sobre a violencia de xénero.               

'RRRedobra. A sinfonía do cambio'

Imagen
Hoxe, martes 12 de marzo, as clases de terceiro e cuarto desprazámonos ata Vigo para desfrutar da obra 'RRRedobra. A sinfonía do cambio'.

I Entre Culturas (India-Arbo)

Imagen
O venres 7 de marzo, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, tivemos a sorte de coñecer de primeira man como é a vida das mulleres na India (educación, traballo, costumes...). Coñecemos os soños, os feitos e a realidade de mulleres que pasaron á historia. Dhanyavaad (grazas), Prya. Nàmaste🙏  

As nosas mulleres favoritas

Imagen
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora algúns alumnos e alumnas faláronnos das súas mulleres favoritas.

As Formigas en febreiro....

Imagen
Gozaron arreo!  

Chegou o Entroido!

Imagen
O pasado venres celebramos o Entroido desfilando por Arbo, comendo saborosos doces e escoitando unhas divertidas coplas que elaboraron as nenas e os nenos de sexto! Para rematar a festa, queimamos a Meca e o Meco, xogamos, bailamos e cantamos!