Onte foi un día moi especial con diversas saídas lectoras: As nenas e os nenos de sexto foron ler contos ao Punto de Atención a Infancia (P.A.I) de Arbo. En quinto desfrutaron lendo na residencia Escravas da Virxe Dolorosa, en Crecente. Mentres, o alumnado de terceiro acudiu ao CEIP Manuel Sueiro! Foi toda unha experiencia para todas e todos, moitas grazas aos distintos centros por colaborar con nós!