Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2025

EMOCION-ARTE

Imagen
“A Arte como ferramenta de Inclusión e Benestar: Un espazo para todas e todos” Durante este curso, as nenas e os nenos do noso cole, a través da Arte (Pintura), expresarán as súas emocións, mellorarán a súa autoestima, fortalecerán a cohesión comunitaria, emocional e a resolución de conflitos, favorecendo o desenvolvemento da imaxinación, a capacidade de reflexión, de sensibilización, de comunicación e de inclusión, así como a creatividade. Hoxe amosámosvos a 1ª EXPRESIÓN, con motivo do día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

25 N

Imagen
As nenas e os nenos de quinto queremos, a través desta canción, decir NON á violencia e alzar as mans e a voz pola igualdade e e o respecto.

'Cámbiache o conto'

Imagen
Hoxe recibimos a visita de Música Miúda, dous artistas que representaron un espectáculo repleto de música, contos e humor, e no que o público tivo moita importancia.

Cross en Ribadavia

Imagen
Este martes desfrutamos dunha divertidísima xornada de deporte escolar, dentro do programa Xogade. Ademais de pásalo moi ben, as nosas nenas e nenos subiron varias veces ao podio! Parabéns!                                                                         

Magosto no cole!

Imagen
Hoxe pasámolo xenial celebrando o Magosto por todo o alto. Comemos un montón de castañas e bolos con chourizo! Agradecémoslle moito a súa imprescindible colaboración á ANPA A LUMBRE!                      

O Samaín de 5°!

Imagen
As nenas e os nenos de 5º pasamos un día de SAMAÍN diferente con actividades e merendas terroríficas.

Samaín 2025!

Imagen
Velaquí vai o resumo do noso terrorífico Samaín 2025. Queriamos agradecer especialmente ás familias a marabillosa colaboración na elaboración da decoración terrorífica con materiais de refugallo e ós nenos e nenas, xunto cos seus profes, a súa implicación en todas as actividades que levamos a cabo. Foi un Samaín de medo!