Entradas

UNS DISFRACES TERRIBLEMENTE ENCANTADORES!

Imagen
Non podía ser doutro xeito! Como cada ano, o alumnado (e profesorado) do CEIP Antonio Carpintero celebrou o día do Samaín vestíndose para a ocasión. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo onde poderedes observar algúns dos fabulosos disfraces e orixinais maquillaxes que lucimos nesta ocasión!! QUE PASEDES UN BO SAMAÍN!

CHEGOU O SAMAÍN!!!!!!

Imagen
Como cada ano por estas datas, as nenas e nenos nos presentan coas súas mellores galas as fantásticas, fabulosas, simpáticas, orixinais e terroríficas CABAZAS DE SAMAÍN! As cabazas deste ano dan tantísimo medo que decidimos facer un pequeno vídeo en lugar de expoñelas no cole,  non vaia ser que algún profe non o poida soportar e marche do cole berrando e correndo.... Como sempre, moitísimas grazas pola colaboración e agardamos que vos gusten FELIZ SAMAÍN!  

PINTANDO IGUALDADE...

Imagen
Despois de levar moito tempo con este proxecto a voltas por fin podemos dicir orgullosos que no CEIP Antonio Carpintero temos un precioso e colorido grafiti no patio! Este non é un grafiti calquera, pois con el tratamos de recordar ao mundo que no noso cole a IGUALDADE salta á vista. Ano tras ano a educación en valores supon un piar fundamental do noso proxecto educativo e esta obra constitúe un elemento máis dentro do noso crebacabezas máis importante: axudar a formar ao alumnado para que a sociedade futura se sustente en valores tan importantes como a inclusión, a igualdade, o respecto... Por suposto, non podemos (nin queremos) esquecernos daqueles que fixeron posibles este pequeno soño. Moitas grazas ao Concello de Arbo pola súa grandísima aportación e pola súa continua colaboración (sabedes que estamos infinitamente agradecidos e isto non sería posible sen vós). Moitas grazas tamén ao artista que plasmou marabillosamente as ideas que tiñamos en mente, graciñas Jose Ángel polas faci...

A PROFE E OS PEQUENOS PIRATAS DE CATRO ANOS DESPÍDENSE...

Imagen
Chegou xuño e este curso tan raro rematou. Con este vídeo pechamos unha etapa pero xa temos gañas de comezar a seguinte... BO VERÁN A TODAS E TODOS E ATA SETEMBRO!!!

ÉRASE UNA VEZ UN NUEVO COMIENZO

Imagen
Nos vemos en septiembre, chic@s de primero,  para celebrar una gran fiesta y darnos muchos achuchones 😘

O RETO DE MARA

Imagen
Para rematar cos retos, Mara proponnos un exercicio de auténtico contorsionismo...Ánimo e non vos vaiades a mancar!

O RETO DE ANXO MARTÍNEZ

Imagen
Pois cada vez o poñen máis complicado... e desta vez Anxo propón que fagamos coa lingua UN TREVO DE TRES FOLLAS!!! Eu non son capaz, e vós?