Nun ano distinto nós tamén nos temos que reiventar, por iso este ano "argallamos" un rap no que conxugamos o coñecemento do sistema solar cos máis sinceros sentimentos á prol da paz. Agardamos que vos guste!!
O Nadal é sinónimo de alegría, de ilusión, de familia, de amizade....pero no CEIP Antonio Carpintero, tamén é sinónimo de diversión! O pasado martes 22 celebrouse un concurso de chistes onde participou todo o alumnado de primaria...Aquí vos deixamos os mellores chistes!
Pois este ano decidimos dinamizar o último día de clase celebrando o sorteo de dúas fantásticas cestas de nadal entre o alumnado do noso cole... Que mellor premio para un alumnado tan bo como o noso? Noraboa a Brais e a Aroa! Aquí deixamos o sorteo. Non tivemos notario pero si que houbo testemuñas de que fomos totalmente xusto ;) E velaquí os gañadores...
Para rematar o trimestre, o alumnado do CEIP Antonio Carpintero realizou uns obradoiros moi dinámicos e divertidos onde fixo unha primeira toma de contacto co mundo da robótica e da programación. A experiencia foi fabulosa, polo que teremos que ir pensando en facer algunha xornada máis para estes futuros enxeñeiros e enxeñeiras...
Como cada ano, dende o CEIP Antonio Carpintero facemos recomendacións literarias para que nenos (e non tan nenos) poidan viaxar durante o vindeiro 2021. Agardamos que vos gusten e.... BO NADAL!