Entradas

CONSTRUÍMOS UNHA PIRÁMIDE MOI SAUDABLE

Imagen
 Desta vez son os nenos e nenas de 1º EP os que se puxeron a traballar....e mirade que pirámide da alimentación tan chula fixeron! Ademais de pasalo ben aprenderon unha morea de cousas importantísimas sobre alimentación saudable!

RECICLAMOS COS MONSTROS COMEDORAS

Imagen
 Dende ben pequechos, estes nenos e nenas de Arbo xa comezar a pensar no noso planeta...mirade que ben o pasan aprendendo a reciclar con estes monstros tan simpáticos!

OS LIBROS FORMAN PARTE DE NÓS...

 Escoitamos moitas veces dicir que cada libro que lemos pasa a formar parte de nós...pero poderemos nós formar parte dos libros? Ollade este vídeo, veredes que divertido!

LOITEMOS POR UN MUNDO ONDE SEXAMOS SOCIALMENTE IGUAIS

Imagen
 O alumnado de 6º de Educación Infantil fixo un vídeo precioso onde nos dan unha gran lección de igualdade mentras nos recordan que hai infinidade de mulleres na historia que se gañaron por méritos propios un merecido recollecemento. LOITEMOS POR UN MUNDO ONDE SEXAMOS SOCIALMENTE IGUAIS, HUMANAMENTE DIFERENTES E TOTALMENTE LIBRES  (ROSA LUXEMBURGO)

COMO PODE VOAR UN HELICÓPTERO EN MARTE?

Imagen
Como pode voar un helicóptero en Marte? Os pequenos científicos de cuarto estiveron investigando sobre o primeiro voo con motor fóra do noso planeta grazas ao visionado dun vídeo acerca do helicóptero Ingenuity durante a misión Marte 2020. Descubriron que os enxeñeiros da NASA se inspiraron para o deseño deste helicóptero en....SEMENTES DE ÁRBORES!!!!!! (que si que si...que non é broma!!) Remataron a xornada experimentando e facendo o seu propio helicóptero....

CONVERTÉMONOS EN DETECTIVES POR UN DÍA...

Imagen
O alumnado de cuarto participou a pasada semana no Obradoiro de Galiciencia CSI. Para poder resolver o misterio do roubo do diamante tiveron que buscar pegadas con grafito e brochas, atopar pegadas das zapatillas do ladrón, descubrir mensaxes misteriosos ou aprender sobre a cromatografía...

CONTOS CANTADOS...

Imagen
 Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas acompañounos o noso amigo Truque Matruque para amenizarnos a mañá e contarnos cantando unha morea de historias e anécdotas interesantes sobre a nosa terra.  FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGOS A TODAS E TODOS!!