Entradas

PRESENTACIÓN OFICIAL DO GRAFFITI (MOI ORIXINAL, POR CERTO)

 @s alumn@s de 3º tivemos unha orixinal idea para presentarvos o novo mural (que fixemos tod@s os cursos) para conmemorar o papel das mulleres na sociedade. Por certo xa eliximos o nome da nosa clase: @s Grafiteir@s.

CREANDO EN SAMAÍN...

Imagen
 Que pasaría se a miña mestra se convertise en bruxa ou en Frankenstein? Pois o alumnado de terceiro e cuarto de deu ronda a súa imaxinación e crearon historias moi divertidas e terroríficas...

HISTORIAS DE OUTONO

Imagen
 Os nenos e nenas de 3º e 4º celebramos o outono a través da escritura creativa. Coa axuda dunha ruleta inventamos historias moi divertidas.

CELEBRANDO O SAMAÍN CUNS CONTOS DE MOITÍIIIIIISIMO MEDO!!!!

Imagen
 O alumnado de sexto nos agasalla cunhas historias de medo con motivo da celebración do Samaín... Moito ollo porque son arrepiantes!!

SEGUIMOS PINTANDO O COLE COS CORES DA IGUALDADE...

Imagen
 Desta vez, e de novo grazas á colaboración do Concello de Arbo e coa inestimable axuda dos nosos amigos grafiteros, voltamos a levar a cabo unha iniciativa de traballo sobre a igualdade. Nesta ocasión propuxémonos a realización dun grafiti na que resaltamos a figura de oitomulleres pioneiras en diferentes campos. Nenos e profes aprendemos moito con esta iniciativa e deixamos unha pegaba indeleble nos muros do centro e en nós mesmos. PD: Hai que ver o ben que pintan os nenos e nenas do noso cole

MULLERES PIONEIRAS...

Imagen
O alumnado de terceiro puxémonos mans á obra. Descubrimos quen foi a primeira muller astronauta en ir ao espazo,  Valentina Tereshkova, así como unha morea de cousas sobre ela. Logo, fixemos un debuxo dela e tivemos que escoller un. Como nos gustaron moitos fixemos unha montaxe cos máis votados.

CONSTRUÍMOS UNHA PIRÁMIDE MOI SAUDABLE

Imagen
 Desta vez son os nenos e nenas de 1º EP os que se puxeron a traballar....e mirade que pirámide da alimentación tan chula fixeron! Ademais de pasalo ben aprenderon unha morea de cousas importantísimas sobre alimentación saudable!