Entradas

'Un burato no tempo'

Imagen
  Despois de ter que solucionar diversos problemas e aprazar rodaxes debido a situación actual xerada polo covid, xa podedes ver a curtametraxe Un burato no tempo, extraordinario traballo realizado en sexto de primaria. Que grandes actrices e actores temos!

CIENCIA EN MOVEMENTO

Imagen
  Que importante é comprender os conceptos científicos a través da práctica. Eso fixeron as alumnas e os alumnos de quinto e sexto de primaria no obradoiro impartido por membros do colectivo Ciencia en Movemento. Así aprenderon como a ciencia tamén está moi presente nos deportes olímpicos!

EXCURSIÓN A MANZANEDA

Imagen
  Esta semana as nenas e os nenos de sexto estiveron  en  Manzaneda durante tres días e dúas noites. Foi unha marabilla de excursión na que gozamos moitísimo e realizamos un montón de divertidas actividades en medio da natureza. Gran experiencia!

Día das Letras Galegas 2022

Imagen
  Con motivo da celebración do día das Letras Galegas 2021, dende o CEIP Antonio Carpintero decidimos facer a nosa pequena homenaxe ao escritor Florencio Delgado Gurriarán e ao mesmo tempo gozar dun pouco do noso folclore. @s alumn@s de 5º e 6º leron uns textos sobre o autor e a asociación cultural A vella Barca de Arbo, e  algunhas das alumnas do centro fixeron unha exhibición de baile tradicional galego.  Ao final animámonos tod@s a bailar un pouquiño :)

PLAN DIRECTOR. PREVENCIÓN DE ACOSO E DE CONSUMO DE DROGAS.

Imagen
 Esta mañá e grazas á colaboración de Yolanda e Jose (garda civil e sarxento de Arbo), puidemos facer reflexión co noso alumnado de quinto sobre a importancia de todos e cada un de nós para previr o acoso escolar e recalcamos a importancia da información obxectiva e a asertividade para a prevención do consumo de drogas. Moitas grazas por esta charla tan productiva!

AO TEATRO CON MIGALLAS

Imagen
 Que mellor maneira de celebrar o día das letras galegas que desfrutando do humor e a música galega grazas aos nosos amigos de Migallas?

A CIENCIA É DIVERTIDA?

Imagen
 Os grafiteir@s de terceiro demóstrannos con este vídeo tan chulo que a ciencia pode e debe ser divertida!!!