Entradas

MERENDAS SAUDABLES

Imagen
 O alumnado de 5º de Educación Infantil rematou o curso disfrutando das súas fabulosas merendas saudables!😋

MAXIA OU CIENCIA?

Imagen
 Os grafiter@s volvimos a investigar por que non explota un globo cando o atravesamos cun pincho. Descubrimos que cando inflamos un globo con aire a tensión interna aumenta pero non é uniforme. Na parte do nó e no seu oposto a tensión é menor por iso podemos atravesar o globo por aí sen que explote.

FINALISTAS NO IV CERTAME DE PODCAST EN GALEGO "O VELLO DOS CONTOS"

Imagen
  O pasado venres día 3 as nenas e nenos de sexto foron a Santiago, xa que estaban convidados á gala de entrega de premios do IV Certame de Podcast en galego  O vello dos contos . Alí subiron ao escenario a recoller o  seu   agasallo , xa que tres dos seus traballos foron finalistas no concurso. Parabéns!

'Un burato no tempo'

Imagen
  Despois de ter que solucionar diversos problemas e aprazar rodaxes debido a situación actual xerada polo covid, xa podedes ver a curtametraxe Un burato no tempo, extraordinario traballo realizado en sexto de primaria. Que grandes actrices e actores temos!

CIENCIA EN MOVEMENTO

Imagen
  Que importante é comprender os conceptos científicos a través da práctica. Eso fixeron as alumnas e os alumnos de quinto e sexto de primaria no obradoiro impartido por membros do colectivo Ciencia en Movemento. Así aprenderon como a ciencia tamén está moi presente nos deportes olímpicos!

EXCURSIÓN A MANZANEDA

Imagen
  Esta semana as nenas e os nenos de sexto estiveron  en  Manzaneda durante tres días e dúas noites. Foi unha marabilla de excursión na que gozamos moitísimo e realizamos un montón de divertidas actividades en medio da natureza. Gran experiencia!

Día das Letras Galegas 2022

Imagen
  Con motivo da celebración do día das Letras Galegas 2021, dende o CEIP Antonio Carpintero decidimos facer a nosa pequena homenaxe ao escritor Florencio Delgado Gurriarán e ao mesmo tempo gozar dun pouco do noso folclore. @s alumn@s de 5º e 6º leron uns textos sobre o autor e a asociación cultural A vella Barca de Arbo, e  algunhas das alumnas do centro fixeron unha exhibición de baile tradicional galego.  Ao final animámonos tod@s a bailar un pouquiño :)