Hoxe tivemos no cole unha actividade organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade. Explicáronnos cousas interesantes sobre a violencia de xénero e tamén xogamos para comprobar os nosos coñecementos.
Esta semana, en quinto realizaron as exposicións do traballo A vida na Terra , no que tiveron que buscar información para explicar que é un ser vivo, como é a súa estrutura e como se poden clasificar. Parabéns!
Escarlatina, a cociñeira defunta é un excelente libro da autora galega Ledicia Costas. As nenas e os nenos de quinto leron o libro e realizaron un resumo e unha crítica que posteriormente gravamos.
Este martes @s alumn@s de 1º e 2º viaxaron a Vigo para gozar dunha xornada de teatro inesquecible. “La aventura de aburrirse” é un espectáculo de monicreques no que nos presentan a Rita, unha nena, que a pesar de ter moitos xoguetes, sempre se aburre e non sabe xogar sola. Este espectáculo pretende motivar a creatividade d@s nen@s, así como reflexionar sobre a xestión do tempo e a cantidade de xoguetes e regalos que teñen na casa. Pasárono en grande J
Os nenos e nenas de catro e cinco anos desfrutaron dunha mañá terrorífica elaborando os seus propios monstros e converténdose nos seus personaxes favoritos!