Entradas

Contra a violencia de xénero

Imagen
Este venres celebramos un día especialmente importante, o día da eliminación da violencia contra a muller. Durante as últimas semanas expuxemos unha selección de material sobre igualdade e hoxe saímos o patio con algunha prenda violeta e coas uñas pintadas desa cor para gardar un minuto de silencio e representar o símbolo das mulleres.

Cancións feministas moito mellor!

Imagen
En quinto de primaria analizamos a letra da canción infantil  Antes de almorzar   e debatemos sobre o seu ton machista. Despois escoitamos e vimos o vídeo do tema  Así bailaba,  de Rigoberta Bandini e Amaia, no que lle dan a volta a esa canción cun enfoque feminista. As nenas e nenos plasmaron a súa visión nunha cartolina violeta, como non podería ser doutro xeito!

Pola liberdade!

Imagen
As formigas conmemoran o 25-N cun canto á LIBERDADE. "No entiendo otro concepto de libertad que no sea el de vivir sin miedo." Becky N.

Obradoiro de baile

Imagen
No obradoiro de baile, con vasos de plástico, traballamos a coordinación e o ritmo. Practicamos unha danza medieval ( O baile do oso ) e empezamos a ensaiar unha coreografía para o festival de Nadal.

Obradoiro de experimentos

Imagen
No obradoiro de experimentos empregamos o microscopio para observar pelo, distintos tipos de fíos, letra impresa dun xornal e, o que máis nos gustou, un protozoo que atopamos na auga estancada do patio do colexio!                                                          

Obradoiro de teatro

Imagen
Hoxe foi un día moi especial no cole, pois volveron os obradoiros que foran interrompidos pola pandemia. No de teatro houbo xogos dramáticos e actividades de expresión corporal! Ademais comezamos a preparar unhas pequenas e divertidas obras!                                      

Obradoiros sobre violencia de xénero

Imagen
Hoxe tivemos no cole unha actividade organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade. Explicáronnos cousas interesantes sobre a violencia de xénero e tamén xogamos para comprobar os nosos coñecementos.