Entradas

Pasapalabra das Letras Galegas

Imagen
Durante estes días as distintas clases foron completando un rosco do Pasapalabra que incluía preguntas sobre Francisco Fernández del Riego e moitas cousas máis!

Actividade de programación!

Imagen
O alumnado de cuarto de Primaria participou nunha actividade de programación en Scratch. Gustounos moito!

Historias fabulosas, 2 magos e outras cousas

Imagen
Onte foi un día de espectáculos. Neste caso, para promover o amor pola lectura, realizáronse trucos de maxia e sombras chinesas usando contos e fábulas como fío condutor. Grandes e pequenos desfrutaron dun fermoso e entretido espectáculo onde se fomenta o hábito de lectura como método para facer voar a imaxinación.  

José Gil e o cine mudo

Imagen
Este venres visitamos o auditorio para coñecer a figura de José Gil, que foi un fotógrafo e pioneiro do cine. Tamén vimos Sempre forte, unha película do ano 1921 protagonizada por Harold Lloyd, e contamos cun explicador (persoa que comenta as películas mudas) de luxo, Ignacio Vilar, director de películas como A Esmorga.  

Excursión de fin de curso

Imagen
Onte foi o día da excursión de fin de curso! Este ano tocou visitar as instalacións do Ecoparque Atalaia, un centro de ocio e aventura ao aire libre onde nenas e nenos gozaron de varias actividades lúdicas e deportivas.                    

Visita aos institutos

Imagen
Xa está próximo o fin de curso e, como é tradición, as nenas e os nenos de sexto visitaron os institutos de As Neves e A Cañiza!

XOGADE!

Imagen
Grazas ao programa de deporte escolar XOGADE as nenas e nenos de terceiro e cuarto de primaria do noso cole puideron desfrutar con diversos xogos e actividades relacionados coa Loita Olímpica.