Durante esta última semana tamén tivo lugar a graduación das nenas e dos nenos de sexto de Primaria. Foi un acto moi emocionante para mestres, alumnos e familias!
O martes rematamos a mañá cun momento moi especial, emotivo... E sorprendente! O noso dire Javier non esperaba que lle fixeramos esta homenaxe. As nenas e os nenos de todo o cole fixeron un corredor para despedirse de Javier como o merece: rodeado de aplausos. A ANPA e o Concello de Arbo tamén agradeceron a Javier a súa dedicación incansable.
As nenas e nenos do obradoiro de teatro fixeron un traballo fantástico! Chegaron con moitos nervios e ilusión ao día das representacións e demostraron o bos actores e boas actrices que son! Bravo!
O CEIP Antonio Carpintero pecha o curso 2022-2023 cunha nova edición do xornal O Muíño , esta vez adicado á música. Gran traballo de nenas, nenos e do Equipo de Dinamización Lingüística! Agardamos que vos guste! XORNAL O MUÍÑO