Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, o alumnado do CEIP Antonio Carpintero explica moi ben por que tamén eles e elas son Rosalía. Escoitándoos dámonos conta que Rosalía sigue en tod@s nós porque era tan inmensa que, como a súa "negra sombra", está en todo e é todo. Feliz Día de Rosalía!
Este venres celebramos o Entroido no cole! Debido á choiva o desfile tivo lugar no pavillón, no que puidemos desfrutar dunha batucada e máis música na que participaron nenas e nenos de varios cursos. Xa de volta no cole tocou ler as coplas e comer doces típicos destas datas!
E se tiveramos un lapis máxico para cambiar o mundo? As nenas e os nenos de quinto, grazas a Malala, escribimos no lapis as nosas ideas de como o fariamos.
Para rematar unha xornada chea de Paz, desfrutamos dun montón de xogos nos que nenas e nenos non competiron, se no que colaboraron para acadar os obxectivos.