O grupo de teatro tamén representou no cole a obra 'O enfermo imaxinario'! E o público desfrutou moitísimo da comedia e das excelentes interpretacións!
Para rematar a semana adicada as nosas Letras, este venres tivo lugar unha romaría chea música e baile tradicional galego. As nenas e os nenos fixeron un gran traballo! Ademais, recitamos poesías de Luísa Villalta e compartimos doces tradicionais galegos! E todo isto ambientado pola música do grupo Mel de Meiga, ao que lle damos moitas grazas!
Hoxe recibimos a visita de Tarabelos, que chegou ao cole para ofrecernos o espectáculo con títeres 'Sabela e o paxaro máxico', un conto que cheira a princesas? Non pode ser certo...
Para conmemorar a figura de Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, o alumnado de 3°, 4° e 5° de Educación Primaria elaborou un podcast centrándose na vida e obra desta muller galega tan polifacética e da que podemos aprender tanto. Bo traballo! PODCAST SOBRE LUÍSA VILLALTA
Esta semana celebramos a excursión de fin de curso! Fomos a Apípolis, un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas. Alí, nenas e nenos participaron en diversos obradoiros e visitaron o apiario para ver a colmea e observar de cerca ás abellas!
Este ano puxemos en marcha un proxecto apaixonante, a creación dun grupo de teatro no que participan nenas e nenos dos últimos cursos de Primaria. Despois de todo un ano preparando a obra O enfermo imaxinario , de Molière, o pasado martes participamos no certame de teatro escolar de Bande, na que foi unha experiencia marabillosa!