Entradas

Día das Bibliotecas

Imagen
Este mércores, para celebrar o Día das Bibliotecas, contamos coa visita do grupo teatral Migallas, que presentou un espectáculo sobre o poder e a maxia dos libros.

Superheroes e superheroínas con retinoblastoma

Imagen
Este ano convertémonos nunha escola con súper poderes, sendo conscientes de que os poderes máis importantes non son visibles aos ollos. Cada un de nós temos súper poderes que nos fan únicos e especiais, como o respecto, a tolerancia, a empatía, a aceptación… Durante este curso demos visibilidade ao retinoblastoma e para iso fixemos un taller de cómic promovendo a inclusión de todas as nenas e nenos nas aulas, porque todas e todos somos diferentes e, por iso, especiais.                                                                                                          

Parabéns, Formigas!

Imagen
As Formigas remataron o curso coa eiruga glotona!   

Graduación de sexto!

Imagen

Rematamos!

Imagen
Rematamos o curso xogando e cantando!                        

Visítanos a Garda Civil

Imagen
Grazas ao Concello de Arbo, a Comandancia da Garda Civil de Tui e o Posto de Arbo por organizar no noso cole unha xornada na que nenas e nenos aprenderon moitos aspectos do funcionamento da Garda Civil. Participaron tamén o CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente, o CEP Carlos Casares de Salvaterra, o Punto de Atención á Infancia de Arbo e o EVD de Crecente.                            

Orgullo Galego!

Imagen
A comunidade Orgullo Galego chegou ao noso cole para falarnos sobre o interesante papel do noso idioma nas redes sociais e sobre distintos aspectos da nosa cultura.