Entradas

Obradoiro de cabazas

Imagen
As nenas e os nenos de quinto e sexto fixeron unhas magníficas cabazas que venderán para recolectar diñeiro para a excursión de fin de curso!

Historias de medo!

Imagen
As nenas e nenos de quinto prepararon unhas terroríficas historias para Samaín! Que medo!

Coroa e receita de Samaín!

Imagen
Está próximo o Samaín e, para celebralo, os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria fixeron un vídeo para ensinarnos a elaborar terroríficas pero tamén moi saborosas receitas. Asemade, se queremos decorar as nosas casas nese día, o alumnado de 4º creou un titorial moi completo para facer unha monstruosa coroa de Samaín. Parabéns polo traballo ben feito! Animarémonos con algunha destas ideas para ver que sae!

Obradoiro afectivo-sexual

Imagen
As alumnas e alumnos de cuarto e quinto de Primaria participaron nun obradoiro afectivo-sexual organizado por Talentea.

Día das Bibliotecas

Imagen
Este mércores, para celebrar o Día das Bibliotecas, contamos coa visita do grupo teatral Migallas, que presentou un espectáculo sobre o poder e a maxia dos libros.

Superheroes e superheroínas con retinoblastoma

Imagen
Este ano convertémonos nunha escola con súper poderes, sendo conscientes de que os poderes máis importantes non son visibles aos ollos. Cada un de nós temos súper poderes que nos fan únicos e especiais, como o respecto, a tolerancia, a empatía, a aceptación… Durante este curso demos visibilidade ao retinoblastoma e para iso fixemos un taller de cómic promovendo a inclusión de todas as nenas e nenos nas aulas, porque todas e todos somos diferentes e, por iso, especiais.                                                                                                          

Parabéns, Formigas!

Imagen
As Formigas remataron o curso coa eiruga glotona!