Entradas

Semana do Libro

Imagen
Aquí deixamos un vídeo con todas as actividades da Semana do Libro!

Libros e rosas!

Imagen
Que mellor que rematar a Semana do Libro agasallando libros e rosas a nenas e nenos!

Saídas lectoras!

Imagen
Onte foi un día moi especial con diversas saídas lectoras: As nenas e os nenos de sexto foron ler contos ao Punto de Atención a Infancia (P.A.I) de Arbo. En quinto desfrutaron lendo na residencia Escravas da Virxe Dolorosa, en Crecente. Mentres, o alumnado de terceiro acudiu ao CEIP Manuel Sueiro! Foi toda unha experiencia para todas e todos, moitas grazas aos distintos centros por colaborar con nós!

Apadriñamento lector

Imagen
Dentro das actividades da Semana do Libro, este mércores volvemos facer no cole un apadriñamento lector. As nenas e os nenos maiores contaron contos aos máis pequenos. Unha experiencia moi gratificante!  

Acto e vídeo sobre a lamprea

Imagen
Este martes fomos ao auditorio de Arbo para asistir a un acto organizado polo Concello e ver un vídeo sobre a Lamprea, agora que está a piques de comenzar esta festa tan significativa! 

Emoción-Arte

Imagen
As formigas de 4 anos gozaron coa arte de Van Gogh!

Máis obradoiros!

Imagen
Na última xornada de obradoiros de Aclad Alborada tocoulle o turno a Infantil e a cuarto de Primaria!