Está próximo o Samaín e, para celebralo, os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria fixeron un vídeo para ensinarnos a elaborar terroríficas pero tamén moi saborosas receitas. Asemade, se queremos decorar as nosas casas nese día, o alumnado de 4º creou un titorial moi completo para facer unha monstruosa coroa de Samaín. Parabéns polo traballo ben feito! Animarémonos con algunha destas ideas para ver que sae!
O alumnado de sexto preparou unha canción en linguaxe de signos para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Oxalá a súa mensaxe chegue a todo o mundo.
Hoxe pasámolo xenial celebrando o Magosto por todo o alto. Comemos un montón de castañas e bolos con chourizo, as nenas e nenos de primeiro e segundo queimaron os seus medos e para rematar xogamos todas e todos xuntos! Agradecémoslle moito a súa imprescindible colaboración á ANPA A LUMBRE!
Comentarios
Publicar un comentario