Milleiros de persoas botaron meses intentando lanzar a botella e que esta caera de pé. Pois ás fenómenas e aos fenómenos de terceiro este reto duroulles un ratiño. Aquí tedes a proba!
O pasado venres celebramos o Nadal! Antes do merecido descanso, nenas e nenos cantaron, bailaron e todas e todos desfrutamos cunha saborosa chocolatada!
O pasado venres celebramos o Entroido desfilando por Arbo, comendo saborosos doces e escoitando unhas divertidas coplas que elaboraron as nenas e os nenos de sexto! Para rematar a festa, queimamos a Meca e o Meco, xogamos, bailamos e cantamos!
Para conmemorar este curso o Día de Rosalía (23 de febreiro), decidimos traducir diferentes poemas da escritora ás distintas linguas que se falan na nosa comunidade educativa. Grazás á colaboración das familias, do persoal non docente, profesorado e alumnado contamos cun total de nove poemas traducidos e recitados a linguas como o catalán, portugués, italiano, ruso, romanés ou francés. O que nos vén a demostrar que Rosalía de Castro é mundial e que, como dicía nun dos seus poemas máis famosos "en todo estás e ti es todo". Podedes escoitar as versións orixinais coas súas traducións no seguinte enlace. Moitas grazas pola colaboración de tod@s neste proxecto! AUDIOS POEMAS ROSALÍA
Comentarios
Publicar un comentario