Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2021

TODOS SOMOS IGUAIS....A NON VIOLENCIA TRABÁLLASE NAS AULAS (25N)

Imagen
 Dende infantil tamén se sentan as bases para a non violencia e para unha mostra esta marabillosa manualidade para recordar que "todos somos iguais"

A NON VIOLENCIA TRABÁLLASE NAS AULAS (25N)

Imagen
Polo Día Internacional contra a violencia de xénero fixemos infinidade de actividades....O alumnado de terceiro visionou "o lápis máxico de Malala", no que traballaron a igualdade, a coeducación e todos os valores necesarios para formar as boas persoas. Descubriron tamén que Malala é inspiración, loitadora, esperanza e un exemplo moi positivo para tod@s. Ademais disto, e xunto co alumnado de cuarto curso, fixeron un fabuloso mural... Antes de facelo leron un conto: As orellas de bolboreta, e a través del fixeron as actividades de "como me ven os demais?", que quedou escrito en cada un dos pétalos da súa flor. Que mellor traballar dende cativos as cousas positivas que temos para evitar a violencia?

REFORZANDO A PERSONALIDADE!!

Imagen
 O alumnado de terceiro de primaria participou o  pasado día 10 de novembro (e todavía non rematamos) nuns obradoiros de reforzo da personalidade, onde puideron traballar aspectos tan importantes como a empatía, a cohesión grupal, o respecto ou as emocións. Todo isto grazas ao apoio incondicional do Concello de Arbo e coa colaboración da asociación Érguete. Moitas grazas!!!

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Imagen
 Que mellor traslación do día internacional dos dereitos da infancia que a través dun xogo que lle encantan a tod@s @s nen@s?? Pois xoguemos entón co noso comecocos!!

VIAXAMOS CON PEPUKA PARA PROMOCIONAR A IGUALDADE

Imagen
 Con motivo do día Internacional da eliminación da violencia de xénero, o alumnado do CEIP Antonio Carpintero fixo unha versión moi chula do libro "Pepuka e o monstro que se levou o seu sorriso". Agardavos que vos guste tanto como a nós!!

TI SI QUE ES UN BO PEIXE!

Imagen
 O pasado mércores, o alumnado do cole tivo unha visita especial, recibimos a visita de dous expertos peixeiros que nos falaron da importancia de comer peixes e mariscos para ter un corpo e unha mente saudables.

DESENVOLVENDO COMPETENCIAS TERRORÍFICAS...

Imagen
Aproveitando esta festa tan divertida, as nenas e nenos estiveron facendo unha serire de traballos, xogos e dinámicas coas que se divertían ao mesmo tempo que desenvolvían as súas competencias...BO TRABALLO!!

A PÓCIMA DE SAMAÍN

Imagen
 E que mellor maneira de celebrar o Samaín que preparando unha pócima para derrotar o mounstro.... para conseguir os ingredientes tivemos que resolver unha serie de probas.  E conseguímolo!!