A NON VIOLENCIA TRABÁLLASE NAS AULAS (25N)
Polo Día Internacional contra a violencia de xénero fixemos infinidade de actividades....O alumnado de terceiro visionou "o lápis máxico de Malala", no que traballaron a igualdade, a coeducación e todos os valores necesarios para formar as boas persoas. Descubriron tamén que Malala é inspiración, loitadora, esperanza e un exemplo moi positivo para tod@s.
Ademais disto, e xunto co alumnado de cuarto curso, fixeron un fabuloso mural...
Antes de facelo leron un conto: As orellas de bolboreta, e a través del fixeron as actividades de "como me ven os demais?", que quedou escrito en cada un dos pétalos da súa flor. Que mellor traballar dende cativos as cousas positivas que temos para evitar a violencia?
Comentarios
Publicar un comentario