Este ano dende o CEIP Antonio Carpintero propuxemos este ano compartir tradición oral para celebrar o Nadal dunha maneira moi orixinal...aquí vos deixamos unha mostra da arte que teñen estas nenas e nenos!!
Está próximo o Samaín e, para celebralo, os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria fixeron un vídeo para ensinarnos a elaborar terroríficas pero tamén moi saborosas receitas. Asemade, se queremos decorar as nosas casas nese día, o alumnado de 4º creou un titorial moi completo para facer unha monstruosa coroa de Samaín. Parabéns polo traballo ben feito! Animarémonos con algunha destas ideas para ver que sae!
Este venres celebramos o Entroido no cole! Debido á choiva o desfile tivo lugar no pavillón, no que puidemos desfrutar dunha batucada e máis música na que participaron nenas e nenos de varios cursos. Xa de volta no cole tocou ler as coplas e comer doces típicos destas datas!
Para rematar a semana adicada as nosas Letras, este venres tivo lugar unha romaría chea música e baile tradicional galego. As nenas e os nenos fixeron un gran traballo! Ademais, recitamos poesías de Luísa Villalta e compartimos doces tradicionais galegos! E todo isto ambientado pola música do grupo Mel de Meiga, ao que lle damos moitas grazas!
Comentarios
Publicar un comentario