Entradas

Mostrando entradas de 2023

Feliz Nadal!

Imagen
Este xoves celebramos o Nadal bailando, cantando e cos nosos mellores desexos! E, para rematar, desfrutamos cunha saborosa chocolatada!

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Imagen
O pasado venres, co gallo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebrou o 3 de decembro, tivemos a gran sorte de contar no noso centro cunhas invitadas marabillosas do centro residencial E.V.D. Galicia de Crecente. Xuntos co noso alumnado, decoraron uns fermosos paraugas cos que participamos no concurso "Baixo o mesmo paraugas", que se celebrou o pasado domingo en Vigo co obxectivo de reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade.  Foi unha actividade moi emocionante e enriquecedora onde puxemos en valía a importancia da diversidade e a tolerancia e o respecto cara todas as persoas.

Coas nosas mans

Imagen
Para conmemorar o 25N, na clase de terceiro fixeron un mural para colocar na porta da aula co lema "Coas nosas mans...", e serviulles para traballar conceptos en contra da violencia de xénero.

Celebramos o 25N!

Imagen
Hoxe conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres. Uns pergamiños cos desexos de nenas e nenos serviron para decorar a entrada do cole.  No emotivo acto realizouse a lectura dun manifesto, o recitado dunha poesía e unha canción púxolle ritmo a este día tan importante!

Cross en Ponteareas

Imagen
Esta semana desfrutamos de dúas xornadas de cross en Ponteareas, dentro do programa XOGADE. Nenas e nenos de terceiro a sexto participaron en distintas carreiras con outros coles da zona. E gañaron algunha medalla!                                           

Vaia ritmo!

Imagen
Os alumnos de primeiro e segundo asistiron este martes en Vigo á representación da obra 'Vaia ritmo'. E, aproveitando a ocasión, foron ata a Porta do Sol para ver como ían os preparativos das famosas luces de Nadal.             

Obradoiro de educación afectivo-sexual

Imagen
Nos cursos de quinto e sexto realizouse un obradoiro no que se trataron aspectos interesantes sobre a sexualidade.

Chegou o Magosto!

Imagen
Este venres celebramos o Magosto comendo castañas e choripáns! Ademais, nenas e nenos xogaron no pavillón e demostraron as súas dotes como bailaríns e músicos!                                                                 

Charlas sobre acoso escolar e ciberseguridade

Imagen
Hoxe tivemos a oportunidade de aprender sobre temas tan importantes como o acoso escolar ou a seguridade necesaria ao tratar coas novas tecnoloxías.

Mates e linguas terroríficas

Imagen
Os nenos e as nenas de quinto aproveitaron a festa do Samaín para traballar as mates e as linguas terroríficas. Fixérono tan de medo que tiveron unha gran recompensa (merenda e xogos)!

Madalenas de cabaza!

Imagen
Para celebrar o Samaín as nenas e nenos de cuarto fixemos madalenas de cabaza ataviados coas nosas galas máis aterradoras! Quedáronnos terroríficamente boas!

A bruxa regañadentes

Imagen
En terceiro quixeron festexar o Samaín realizando un marabilloso audioconto titulado 'A bruxa regañadentes'. Estupendo traballo!

Xa está aquí o Samaín!

Imagen
As nenas e nenos de quinto realizaron unha actividade ben bonita e inclusiva: sinaron unha canción do Samaín moi coñecida por todos: 'O Samaín'. Como nos din... "coidado, coidado, que xa están aquí".

Día das Bibliotecas

Imagen
Celebramos entre libros o Día das Bibliotecas con actividades moi divertidas!